SANTUARIO DE NOSA SEÑORA DAS VIRTUDES

Relixioso
1345
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Arante (San Pedro)

Lugar: A Ponte

27714  Ribadeo - Lugo

Coordenadas:
43º 29' 47.5" N - 7º 08' 35.4" W

Descrición

Situado ao lado do Camiño Norte de Santiago, antigo Camiño Real. A orixe deste templo data de finais do século XIV, aínda que foi reformado nos séculos posteriores. 
Este santuario é unha construción dunha soa nave con tellado a dúas augas, con armadura interior de madeira, ao igual que a nave. No altar consérvase un retablo Renacentista con imaxes de Nosa Señora das Virtudes e un Santiago Matamouros. 
Na década de 1970 quedou ao descuberto un magnífico conxunto de pinturas muráis de época tardo-medieval que inclúen: varias escenas da infancia de Cristo, unha figura da “morte activa” contraposto a figura dun home luxosamente vestido e tocado; ademáis, un trío mariano e un exvoto que fai alusión ao mar.
Sete semanas despois do Domingo de Resurrección (Luns de Pentecostés), ten lugar aquí a popular Romaría das Cruces, co seu particular bandeo de pendóns para conmemorar a victoria dos veciños sobre as tropas napoleónicas durante a Guerra da Independencia.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba