CASA MODERNISTA

Civil
385
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: O Grove (San Martiño)

Lugar: O Grove

Rúa Luís A. Mestre 20

36980  O Grove - Pontevedra

Coordenadas:
42º 29' 33.1" N - 8º 51' 57.1" W

Descrición

Casa construída a principios do s. XX é de planta rectangular e consta de baixo e primeira e está enmarcada por molduras a modo de pilastras. No baixo destaca unha porta adintelada, con decoración de cintas e cun ramo no centro. A cada lado da porta ten unha fiestra con moldura plana e balcón de parapeto. Na primeira planta destaca un balcón con varanda metálica corrida que pecha aos lados formando dúas pequenas galerías. No centro do balcón hai un vano de arco lixeiramente rebaixado con motivos ornamentais. A fachada ten cornixa e petril.

Acceso

A rúa Luís A. Mestre é unha das principais rúas de acceso á zona urbana do Grove. A casa sitúase no centro, a poucos pasos do cruce principal e a carón da praza do Galo.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba