SALGADEIRAS DE MOREIRAS

Civil
570
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Vicente do Grove (San Vicente)

Lugar: Reboredo

36980  O Grove - Pontevedra

Coordenadas:
42º 29' 09.7" N - 8º 53' 24.1" W

Descrición

O conxunto das Salgadeiras de Moreiras está composto por dúas construcións e varios camiños e pezas escultóricas no seu entorno. A Antiga Salgadeira é un edificio porticado que conserva a estrutura dunha antiga fábrica de salga. O edificio do Museo da Pesca e a Salga é o outro edificio singular no que se recolle unha escolma de elementos relacionados coa vida mariñeira. Neste espazo tamén se atopan unha serie de pezas escultóricas, algunhas veñen do Simposio de Escultura do Grove e outras proveñen da Escola de Canteiros de Pontevedra. Podemos atopalas ao noso paso polos sendeiros que cruzan a zona, dende Punta Moreiras ata a ponte sobre o Esteiro e dende Punta Moreiras ata a praia das Pipas.

Acceso

Dende o núcleo municipal seguindo os indicadores de “San Vicente” e “Salgadeiras de Moreiras” chegaremos a este destino.
Entramos no Grove pola rúa Xoán XXIII e logo Luís A. Mestre, nesta collemos o desvío á esquerda con dirección San Vicente, e á altura de Reboredo collemos o desvío a Punta Moreiras.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba
Axúdanos a mellorar!