CRUCEIRO DE LAXE PEQUENA

Etnográfico
871
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Taragoña (San Salvador)

Lugar: A Laxe

15920  Rianxo - A Coruña

Coordenadas:
42º 40' 36.8" N - 8º 48' 45.2" W

Descrición

É moi antigo, probablemente do século XVI. Elévase sobre plataforma cadrada de tres graos. O fuste é de sección cadrada con chafráns, e está decorado con cunchas de vieira. A Capela, moi ornamentada, ten base troncopiramidal invertida, con anxos en tres das catro caras. O tellado é a tres augas e a bóveda nervada. Nas caras exteriores da capela ten baixo relevos de Santiago mata mouros, Cristo cunha cruz camiño do Calvario e San Francisco. No interior da capela ten unha imaxe da Virxe de Guadalupe. 

Acceso

Dende Rianxo, pola estrada local en dirección Padrón chegaremos ata o Pazo, onde colleremos desvío a man esquerda en dirección Taragoña. Unha vez nesta parroquia dirixirémonos ata o lugar de A Laxar no que atopa este cruceiro.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba