DOLMEN DE PEDRA CUBERTA

Depósitos arqueolóxicos
393

Localización

Parroquia: Treos (San Miguel)

Lugar: Pedra Cuberta

15129  Vimianzo - A Coruña

Coordenadas:
43º 05' 22.9" N - 8º 59' 03.9" W

Descrición

Trátase dun dos dolmens máis destacados do noroeste peninsular. E é que en 1933, coa chegada dos arqueólogos alemáns Georg e Vera Leisner, documentáronse nel unhas das primeiras pinturas megalíticas da Europa atlántica. As pinturas cubrían practicamente todo o interior do monumento. Os deseños son xeométricos, principalmente liñas onduladas en vertical e horizontal e tamén algúns círculos concéntricos e triángulos, en vermello e negro sobre base branca.
A súa forma foi alterada no século XX con dinamita. Conserva a tampa do corredor e as laxes verticais que conforman cámara e corredor.

Acceso

Dende a capital municipal, tómase a estrada en dirección a Tines. Aquí xírase á dereita e antes de chegar ao lugar de Xora tómase unha pista a man dereita até chegar ao lugar de Pedra Cuberta.

Accesibilidade

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.
Arriba