PETO DE ÁNIMAS DE SAN SALVADOR DE POIO

Etnográfico
686

Localización

Parroquia: Poio (San Salvador)

Lugar: A Porteliña

36163  Poio - Pontevedra

Coordenadas:
42º 26' 00.1" N - 8º 40' 06.9" W

Descrición

Peto de ánimas de grande tamaño, pechado, por barrotes de ferro e dividido en dúas seccións. Na parte alta a vai un medallón oval, no que aparece a figura de Deus Pai bendicindo coa man dereita mentres que na esquerda leva un bastón (símbolo de poder). Está acompañado de dous anxos. Por detrás da súa cabeza a vai un triángulo (símbolo de Deus). Na parte baixa hai un bispo abarbado con mitra, sobre unhas inscricións. Por detrás do peto e case pegado ao hai un cruceiro. Ten o fuste octogonal e na parte alta mostra un Cristo cos brazos lixeiramente flexionados, por debaixo dun INRI. Na parte traseira do cruceiro represéntase á Santísima Virxe con Cristo morto nos seus brazos.
Arriba
Axúdanos a mellorar!