MONTE TREITO

Áreas de recreo e miradoiros
1196
No Camiño de Santiago

Localización

A Coruña

Lousame | Rianxo

Coordenadas:
42º 44' 42.8" N - 8º 46' 38.1" W

Descrición

Linde natural e administrativo entre os concellos de Lousame e Rianxo, o monte Treito ou Muralla constitúe un magnifico punto de observación a medio camiño entre a contorna da serra do Barbanza e as Rías Baixas.

Dende a súa atalaia rochosa, as ondulacións formadas polos pequenos regatos que descenden cara as rías conforman exiguos vales ocupados por aldeas que contan cos seus coidados campos de cultivo como é o caso de A Varela, Bustelo ou Vilar, todas elas cara ao sur do miradoiro e en primeiro termo.

Na media distancia, nunha ollada panorámica de 180 grados cara ao oeste, preséntase unha espléndida vista das rías de Arousa e Muros e Noia.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba