MONTE DO FACHO

Áreas de recreo e miradoiros
942
No Camiño de Santiago

Localización

Muxía - A Coruña

Coordenadas:
43º 04' 33.5" N - 9º 13' 36.2" W

Descrición

O Facho de Lourido é un monte de 312 metros de altitude dende o que se pode contemplar a Costa da Morte. O nome de Facho refírese aos antigos sinais luminosos e acústicos que se facían ás embarcacións dende lugares en terra altos e ben visibles.

O amplo dominio visual abrangue dende cabo Vilán até o cabo Touriñán, nun dos tramos máis agrestes da costa galega. Entre cabos, as vilas de Camariñas e Muxía e praias de salvaxe beleza, como a de Lourido, entre incontables rochedos batidos pola forza do Atlántico.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba
Axúdanos a mellorar!