ALTO DA COBALUDA

Áreas de recreo e miradoiros
218

Localización

Folgoso do Courel - Lugo

Coordenadas:
42º 34' 29.8" N - 7º 10' 30.1" W

Descrición

O Courel, territorio de mestas devesas e idílicas aldeas conta tamén con altos cumes que amosan a magnitude desta serra, sendo o Alto da Cobaluda (1294 m) un dos picos dende os que contemplar a forza destas montañas.

Os característicos bosques courelás, as devesas, e até os piñeirais teñen desaparecido ao subir a estas altitudes. O monte baixo de uces e carqueixas son a vexetación dominante e outorgan colorido aos montes cando as nevaradas o permiten.

As fortes pendentes, a amplitude de vistas e unha orografía de montaña fan da Cobaluda un miradoiro natural dende o que apreciar a inmensidade do Courel, comezando polo pico contiguo, o coñecido Pía Paxaro (1610 m) cara o nordés e seguindo polo cordal até o Formigueiros, teito do Courel con 1641 m.
Arriba
Axúdanos a mellorar!