O CEBREIRO

Áreas de recreo e miradoiros
541
No Camiño de Santiago

Localización

Pedrafita do Cebreiro - Lugo

Coordenadas:
42º 42' 34.0" N - 7º 02' 36.3" W

Descrición

A pequena aldea do Cebreiro é un lugar cargado de simbolismos, en pleno Camiño Francés de peregrinación a Santiago de Compostela.

Punto de entrada a Galicia, a súa coidada arquitectura popular e o Santuario de Santa María a Real, converten ao Cebreiro nun sitio especial, sobre todo tendo en conta que é punto final dunha dura etapa para os peregrinos.

No alto do Cebreiro, a vista cara ás terras de León permite unha fermosa panorámica das aldeas xa superadas polos camiñantes, como La Laguna, cos outros pequenos núcleos da contorna, como Cernada. O verdor dos campos mestúrase cos ocres das árbores frondosas nun recollido val de agradables texturas.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Arriba
Axúdanos a mellorar!