MIRADOIRO DE BARRANCO RUBIO

Áreas de recreo e miradoiros
1164
No Camiño de Santiago

Localización

A Rúa - Ourense

Coordenadas:
42º 24' 41.6" N - 7º 07' 56.9" W

Descrición

O Barranco Rubio ten un amplo dominio visual das terras de Valdeorras. Situado próximo aos 800 metros de altitude, nunha ladeira de forte pendente sobre o val fluvial do Sil.

A serra do Cereixido pecha a comarca de Valdeorras cara ao norte, con altitudes que a asimilan ao Courel, continuación xeográfica da mesma.

Dende o Barranco Rubio, as vistas cara ao sur son amplas e significativas: os núcleos da Rúa e Petín, e o encoro de San Martiño no río Sil e as grandes extensións de viñedo que apro­veitan as bondades climáticas do val.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba
Axúdanos a mellorar!