Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: A FRACHA&body=Recoméndoche que leas a información A FRACHA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/180112000101/a-fracha?langId=gl_ES%26tp=4%26ctre=16
Pontevedra - Pontevedra
Pertence ao municipio de Pontevedra, entre as parroquias de Marcón, Tomeza e A Canicouva. Abarca 406 hectáreas.
Neste espazo temos 4 miradoiros: Miradoiro Couto das Forcadas, Miradoiro da Legua da Chan, Miradoiro de Outeiro Navío e Miradoiro de Rega Pereira.
En canto o monte da Fracha é un parque forestal que conta con área de lecer e diversos sendeiros habilitados para o paseo e clasificados segundo dificultade.
Destaca a vista xeral da cidade de Pontevedra, asentada nas ribeiras do río Lérez xusto antes da súa desembocadura. O monte da Fracha permite unha perspectiva completa da cidade e dos seus diversos barrios.
A contorna responde aos habituais montes do litoral das Rías Baixas, redondeados e con cuberta vexetal que alterna plantacións forestais nas ladeiras con matogueiras e rochedos nas partes altas.
Ubicación GPS do estacionamento para realizar logo a pé a ruta dos miradoiros: 42°23'49.5"N 8°35'57.3"W
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.