A FRACHA

Áreas de recreo e miradoiros
79
No Camiño de Santiago

Localización

Pontevedra - Pontevedra

Coordenadas:
42º 23' 45.5" N - 8º 35' 24.5" W

Descrición

O monte da Fracha é un parque forestal que conta con área de lecer e diversos sendeiros habilitados para o paseo e clasificados segundo dificultade. O seu miradoiro abrangue as rías de Pontevedra e parte da ría de Vigo.

Destaca a vista xeral da cidade de Pontevedra, asentada nas ribeiras do río Lérez xusto antes da súa desembocadura. A Fracha permite unha perspectiva completa da cidade e dos seus diversos barrios.

A contorna responde aos habituais montes do litoral das Rías Baixas, redondeados e con cuberta vexetal que alterna plantacións forestais nas ladeiras con matogueiras e rochedos nas partes altas.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Arriba