A FRACHA

Áreas de recreo e miradoiros
2025
No Camiño de Santiago

Localización

Pontevedra - Pontevedra

Coordenadas:
42º 23' 45.5" N - 8º 35' 24.5" W

Descrición

Pertence ao municipio de Pontevedra, entre as parroquias de Marcón, Tomeza e A Canicouva. Abarca 406 hectáreas.
Neste espazo temos 4 miradoiros: Miradoiro Couto das Forcadas, Miradoiro da Legua da Chan, Miradoiro de Outeiro Navío e Miradoiro de Rega Pereira.
En canto o monte da Fracha é un parque forestal que conta con área de lecer e diversos sendeiros habilitados para o paseo e clasificados segundo dificultade. 
Destaca a vista xeral da cidade de Pontevedra, asentada nas ribeiras do río Lérez xusto antes da súa desembocadura. O monte da Fracha permite unha perspectiva completa da cidade e dos seus diversos barrios.
A contorna responde aos habituais montes do litoral das Rías Baixas, redondeados e con cuberta vexetal que alterna plantacións forestais nas ladeiras con matogueiras e rochedos nas partes altas.

Ubicación GPS do estacionamento para realizar logo a pé a ruta dos miradoiros: 42°23'49.5"N 8°35'57.3"W


Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!