IGREXA DE SANTIAGO

Relixioso
356
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Conso (Santiago)

Lugar: Conso

32557  Vilariño de Conso - Ourense

Coordenadas:
42º 10' 39.9" N - 7º 10' 15.7" W

Descrición

Muros de cantería en planta rectangular con presbiterio máis elevado. Sobria fachada con porta con lintel enmarcada en baqueta con ángulos en cóbados e fiestra superior con parecida decoración; nos esquinais pilastras lisas arquitrabadas e nas ramplas cornixas rectas, con remate nos ángulos. Sobre ático, espadana de dous arcos xemelgos con machóns apilastrados provistos de arquitrabes na cara inferior. Friso de dentículos e cimacio. Remate en corpo trapezoidal de lados curvos con coroamento de cruz de pedra e pirámides de bólas nos ángulos. Finais do estilo barroco (1766) con combinación doutros estilos. É unha das igrexas maiores do Concello, construída de boa pedra de gra. Enriba da porta de entrada presenta unha lenda: “hízose año de 1773”. Retablos de estilo barroco: Santiago peregrino, Adán e Eva cos anxos, Virxe do Rosario e san Xosé. 

Acceso

A edificación esta situada no fondo do pobo a que se accede pola rúa principal que baixa polo medio do pobo e que enlaza coa estrada principal dende Vilariño dirección Manzaneda.

Camiños de Santiago

Vía da Prata

Estilos

Barroco
Arriba
Axúdanos a mellorar!