IGREXA DE SAN BERNABÉ

Relixioso
411
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Chaguazoso (San Bernabé)

Lugar: Chaguazoso

32557  Vilariño de Conso - Ourense

Coordenadas:
42º 11' 34.6" N - 7º 12' 55.3" W

Descrición

Muros de ruda cantería en planta rectangular con presbiterio máis elevado. En fachada, portada de arco de medio punto con banda ancha e moldura curva. Sobre o ático espadana de dous arcos xemelgos con remates sobre os machóns, frontón prolongado en ángulo agudo con terminal en cruz de pedra. No interior destaca unha talla da inmaculada, de estilo manierista, de principios do século XVII. Estilo románico con mestura doutros estilos.

Acceso

Edificación situada, na parte leste, ao final do pobo de Chaguazoso, á que se accede pola rúa principal do medio do pobo que enlaza coa estrada principal dende Vilariño dirección Chaguazoso.

Camiños de Santiago

Vía da Prata

Estilos

Románico
Neoclásico
Arriba