FOXO DO LOBO DE PARADA DA SERRA EN A GUDIÑA E PEDROSO EN RIÓS

Etnográfico
510
No Camiño de Santiago

Localización

Ourense

A Gudiña | Riós

Coordenadas:
42º 01' 24.0" N - 7º 15' 56.7" W

Descrición

Está situado no límite do concello de Riós co da Gudiña, na Serra da Urdiñeira a uns 1100 m de altitude, nunha paraxe de singular beleza, dende o que se albisca a Serra Seca e outros sistemas montañosos do Macizo Central ourensán e das serras orientais desta provincia.

O lugar recibe o nome do Boqueiro, onde, aproveitando a cortada da montaña, os veciños levantaron uns muros que conducen a un pozo ou foxo.

O conflito entre o home e o lobo foi sempre secular, polo que tamén en Galicia existiu unha tradición na construción de diversos tipos de trampas para poder cazar este animal e darlle morte. Unha vez sucedía isto, era exhibido, como un trofeo, nas aldeas da contorna.

O Foxo do lobo de Parada da Serra en A Gudiña e Pedroso en Riós é dos chamados de converxencia. Os veciños organizábanse facendo unha batida polos montes conducindo os animais ata o lugar onde está situado, ata caer no pozo onde era rematado.

Unha ruta de sendeirismo sinalizada de 4 kms, que arranca da estrada que leva á aldea de Pedroso, permite achegarnos ata esta construción de grande interese etnográfico. Diversos paneis así como varias figuras permiten interpretar esta relación secular entre o home e o lobo.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!