IGREXA VELLA DE SANTA MARÍA DE SADA

Relixioso
958

Localización

Parroquia: Sada (Santa María)

Lugar: Sada de Arriba

15160  Sada - A Coruña

Coordenadas:
43º 21' 17.5" N - 8º 15' 21.2" W

Descrición

Igrexa parroquial de planta rectangular dunha soa nave e grandes dimensións. Trátase dun templo do século XVII construído sobre unha antiga capela do século XIII e reconstruído posteriormente cando se lle abriron novos ocos para a entrada de luz, só conserva a fachada principal da etapa barroca. Esta fachada presenta un esquema pentagonal, no eixo vertical central superpóñense unha porta de acceso rectangular alintelada, unha ventá rectangular e a espadana barroca rompendo a liña de cornixa. A fachada atópase enfuscada cos esquinais, ocos e a espadana en cantería á vista. A cornixa ten forma curvilínea e rematando os esquinais colócanse dous pináculos. A espadana constitúese por un corpo con tres machóns unidos por arcos de medio punto e dúas campás. O remate realízase mediante un frontón con óculo e pináculo central partindo o arco da cornixa e cunha cruz metálica como remate. Cabe destacar a súa situación xeográfica á beira da ría de Sada.

Acceso

Dende Sada, tomar a AC-183 durante 200 m ata chegar a rotonda, tomar primeira saída a dereita pola Avenida Párroco Villanueva, continuar 400 m e xirar a dereita por Camiño de Fiunchedo, a uns 50 m atópase a Igrexa.

Estilos

Barroco
Arriba