IGREXA DE SANTA MARÍA DE VIGO

Relixioso
714
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Vigo (Santa María)

Lugar: Folgueira

Rúa: 11

15659  Cambre - A Coruña

Coordenadas:
43º 15' 26.6" N - 8º 18' 59.2" W

Descrición

Foi restaurada no ano 1992. A súa fachada presenta unha porta con arco de medio punto e unha ábsida engadida na reconstrución. Pódense observar restos de contrafortes no exterior e algunhas pilas de granito. O conxunto coróase por medio dunha fermosa espadana. Posiblemente do século XIV consérvase o arco triunfal apuntado que descansa sobre columnas de fuste pequeno e capiteis de follas. Na restauración quedaron ao descuberto dous sepulcros.

Acceso

Dende Cambre tomas a estrada AC-214. A 80 metros, xira á dereita dirección Santa María de Vigo pola estrada DP-1704. A 5.7 km chégase a Santa María de Vigo. Chegado ao cruceiro, xirar a man dereita e a 770 metros está a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Estilos

Románico
Arriba
Axúdanos a mellorar!