CASA DO PATÍN

Civil
10
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Rúa Antonio Otero 15

27700  Ribadeo - Lugo

Coordenadas:
43º 32' 16.6" N - 7º 02' 23.5" W

Descrición

Está considerado o edificio civil máis antigo de Ribadeo. Do período medieval, só conserva a fachada, xa que foi reformado no século XX, momento no que se suprime o patín orixinal que lle deu nome á casa. Segundo o seu escudo, pertenceu á liñaxe dos Menéndez-Navia e Villamil, de orixe local e enriquecida co comercio da madeira. Comparte patio co edificio da antiga Escola de Náutica e Comercio creada en 1856, hoxe biblioteca municipal.

Acceso

Sitúase no casco histórico de Ribadeo.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba