MERCADO DE ABASTOS

Civil
247
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Rúa José Vicente Pérez Martínez

27700  Ribadeo - Lugo

Coordenadas:
43º 32' 10.0" N - 7º 02' 37.2" W

Descrición

Este mercado foi doado á cidade por D.Ramón González Fernández, indiano que tamén apoiou outras iniciativas culturais na vila. Construído en 1925 seguindo os deseños do arquitecto Ramiro Saiz, conta cunha fermosa estrutura de ferro á vista e cunha interesante composición de fachadas que lle outorgan elegancia e funcionalidade. Actualmente segue a conservar a mesma función.
No seu entorno, ten lugar tódolos mércores o mercado semanal de Ribadeo. No verán, ademais celébrase aquí o tradicional mercado dos domingos adicado aos produtos locais e da horta.

Acceso

Está situado na zona máis comercial do centro urbano de Ribadeo.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba
Axúdanos a mellorar!