ADUANA VELLA

Civil
25
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Rúa Amando Pérez

27700  Ribadeo - Lugo

Coordenadas:
43º 32' 18.8" N - 7º 02' 15.6" W

Descrición

Singular edificio do s. XVIII que está situado no porto de Ribadeo. O escudo que adorna a fachada indica que orixinariamente foi unha vivenda señorial que pertenceu a don Carlos Acevedo Pardo.
A súa reconversión en aduana vincúlase directamente co desenvolvemento comercial por vía marítima. Así, Ribadeo tivo destacada posición entre os portos comerciais do norte da península dende o século XVI, se ben a época de maior auxe no que se refire a transaccións comerciais non chegou ata o s.XVIII, momento no que se levantan os aranceis para a importación de liños do báltico, e Ribadeo convértese así no principal porto de entrada deste ben. Outras mercancías habituais eran as de cabotaxe: aceite, viño, sal, etc. Esta chegou a ser a cuarta aduana en volume de recadación en Galicia, sendo habilitada no s. XIX para o comercio con América.
Do edificio, destaca a súa fermosa fachada de puro estilo barroco borbónico.

Acceso

Sitúase no porto deportivo de Porcillán, formando parte do casco histórico de Ribadeo.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba