CASA DOS ANDÉS

Civil
429
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Rúa San Roque 18

27700  Ribadeo - Lugo

Coordenadas:
43º 32' 15.4" N - 7º 02' 40.2" W

Descrición

De factura indiana, construída en 1920, funde elementos procedentes de diversos estilos enmarcándose así na arquitectura ecléctica. Chama a atención polos expléndidos miradoiros de forxa que presiden a fachada principal resultando especialmente significativa a minuciosidade decorativa coa que se traballou o ferro fundido. A ambos lados do miradoiro superior, ocultando o tellado, álzase un sotabanco abalaustrado, elemento frecuente na arquitectura indiana.
Forma parte da Ruta dos Indianos.

Acceso

Sitúase no centro urbano de Ribadeo.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba
Axúdanos a mellorar!