CASA DE SELA E XARDÍN DE INDIANOS

Civil
722
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Rúa Virxe do Camiño

27700  Ribadeo - Lugo

Coordenadas:
43º 32' 14.8" N - 7º 02' 51.6" W

Descrición

A Casa de Sela está considerada a construción indiana máis antiga de Ribadeo, edificada en 1869. O edificio destaca polo seu volume, sobriedade decorativa e simplicidade de liñas. Todo isto, xunto co emprego de elementos decorativos propios do rural galego, tales coma os pináculos do tellado, remiten á arquitectura tradicional. A finca da casa alberga a típica vexetación indiana, incluída a necesaria palmeira. Ao seu carón atópase o chamado Xardín de Indianos, proxectado para honrar a memoria dos emigrantes ribadenses. Conta con especies típicas de Galicia e de América, tales como as araucarias, os magnolios e os plátanos, entre outras.
Ambos forman parte da Ruta dos Indianos.

Acceso

Atópanse no centro urbano de Ribadeo.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba
Axúdanos a mellorar!