CASA DO ÓPTICO

Civil
801
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Avenida de América. O Xardín

27700  Ribadeo - Lugo

Coordenadas:
43º 32' 17.5" N - 7º 03' 00.5" W

Descrición

A Casa do Óptico, cuxo nome deriva da profesión do seu promotor, é outro bo exemplo de construción indiana. As súas xenerosas dimensións xunto cos elementos decorativos tales como a escaleira e o balcón presidencial ou a decoración da fachada, apórtanlle un maior empaque e monumentalidade. Ao igual que as residencias dos comerciantes e armadores dos séculos XVIII e XIX, está coroada por un gurugú ou miradoiro acristalado, elemento posteriormente incorporado a moitas das vivendas indianas neste concello. No xardín consérvanse a acacia e a palmeira plantadas hai máis dun século.
Actualmente é a sede da Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo.
Este inmoble está integrado na Ruta dos Indianos.

Acceso

Sitúase no centro urbano de Ribadeo.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba
Axúdanos a mellorar!