CUARTEL VELLO

Civil
154
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Rúa Manuela Barreiro Pico 4

27700  Ribadeo - Lugo

Coordenadas:
43º 32' 20.4" N - 7º 02' 59.5" W

Descrición

O afán do indiano por deixar constancia do poderío económico que adquiriu na emigración, conduce a cometer algúns excesos, como é o caso desta vivenda que conta con máis de 1.000 metros cadrados construídos, feito que co tempo se acabaría convertendo nun problema para o matrimonio. É lóxico pois, que máis tarde e durante un tempo, acabase albergando o Cuartel da Garda Civil, de aí, a súa actual denominación.
No aspecto decorativo, imperan as liñas rectas só lixeiramente rotas polos enreixados dos balcóns que incorporan certos aires modernistas.
Forma parte da Ruta dos Indianos.

Acceso

Atópase no entorno do centro urbano de Ribadeo. Así, despois da rotonda do Xardín tomamos a Avda. de América cara a saída de Ribadeo. Inmediatamente despois tomamos a rúa que nos leva á Casa do Óptico, actual Escola Oficial de Idiomas. Ao final desta collemos o desvío á dereita pola Rúa Manuela Barreiro Pico e a escasos metros chegaremos a esta singular edificación.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba
Axúdanos a mellorar!