CAPELA DE SANTA IRÈNE DO CASTRILLÓN EN LEMA

Relixioso
841

Localización

Parroquia: Lema (San Cristovo)

Lugar: Castrillón 37

15105  Carballo - A Coruña

Coordenadas:
43º 17' 04.3" N - 8º 40' 40.1" W

Descrición

A capela de Santa Irene de Castrillón está situada nun fermoso miradoiro natural dende o que se divisa boa parte da costa carballesa. Érguese na parte máis alta dun antigo castro, que lle dá o nome actual ao lugar, Castrillón. 
Din as lendas que as pedras da capela foron traídas unha a unha dende o fondo da lagoa de Baldaio, moi próxima a ela. Algo (non todo) de certo hai... A capela foi trasladada hai séculos dende o seu emprazamento orixinal, á beira da lagoa e preto da fonte de Santa Irene. Hai referencias que constatan que, no 1594, aínda estaba na marisma mentres que, no século XVIII xa a situaban no emprazamento no que agora se encontra.

Acceso

Desde o núcleo urbano de Carballo, debe tomar a DP-1902 e percorrer 9 quilómetros, logo tomar o desvío á dereita no lugar de Arnados (Razo), e logo de dous quilómetros pasando por Cambre, atoparás o lugar do Castrillón, pertencente á parroquia de Lema, e a súa capela situada nun espectacular miradoiro do litoral carballés.
Arriba