RESTAURANTE SILABARIO

Restaurantes - 3ª Categoría - 2 Garfos
884
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Principe 44, 6º

36202  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 11.5" N - 8º 43' 19.7" W

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa

O Restaurante

Chef: Alberto G. Prelcic
Entrevista:
Esta é a miña cociña
Para Alberto, o reto é buscar nas raíces para saber transmitir sabores puros e honestos. A súa cociña está en contacto directo co produto de proximidade, co mar, co río e coa terra.
E cociñando a lume lento con prácticas gastronómicas que melloren e fomenten a sustentabilidade e medio ambiente, porque somos parte desta terra e queremos deixala tal e como nola entregaron.
De cerca
Silabario nace na vila fronteiriza de Tui no ano 2008 e trasládase á cidade de Vigo en 2018. Aínda preto da fronteira portuguesa, esa que permite encontrar parte da súa identidade en patos como a lamprea do río Miño.
Mais Silabario tamén ten a unha carreiriña dun can o porto pesqueiro de Vigo, un dos máis importantes da Unión Europea, e o mercado do Berbés, co que se sente tan relacionado que incluso lle puxo este nome a un dos seus menús.
O menú e algo máis
Alén dos pratos da carta, ofrécense tres menús pensados para cubrir diversas necesidades. Por exemplo, o “Menú Berbés” é cociña de mercado, para se reconfortar e continuar coa actividade cotiá; cambia cada semana e pódese escoller entre dous entrantes, dous segundos e dúas sobremesas. O “Menú Tempo” está elaborado con produtos estacionais e próximos, respectando os tempos da natureza e da despensa galega, e potenciados por unha elaboración contemporánea. Por último, o “Menú Raíces”, é a experiencia máis completa e un percorrido gastronómico polos pratos máis identitarios do chef.
Destaca a carta de viños que presta especial atención ás adegas galegas, atendendo ao mellor momento de cada viño.
Bo Ambiente
O restaurante abre a súas portas na planta 6ª do emblemático edificio do antigo Círculo Mercantil de Vigo, hoxe reconvertido na nova sede do Real Club Celta de Vigo. Un edificio con historia ao que se lle engadiu unha cúpula de cristal cunha das mellores vistas da cidade e o seu porto.
A decoración e o ambiente baixo esta cúpula están deseñados para conseguir unha cómoda intimidade. A luz natural ten tanta presencia que, dependendo da meteoroloxía, proporciona moitas escenografías diferentes. Moderno e luminoso, é o mellor escenario imaxinable para os pratos de Silabario.

Estrelas Michelin

1 Estrela Michelin

Soles Repsol

1 Sol Repsol
Arriba