PAZO DE BARREIROS

Civil
181

Localización

Parroquia: San Claudio (Santa María)

Lugar: Alvariños

15368  Ortigueira - A Coruña

Coordenadas:
43º 39' 07.0" N - 7º 52' 27.1" W

Descrición

Construción de planta rectangular disposta en dúas alturas. Na entrada principal atópase un arco de medio punto con grandes doelas de pedra. A escaleira pétrea, de estilo barroco compostelán, leva directamente ao primeiro piso. Presenta un trazado simple con balaustres de pedra labrados e sostida sobre piares graníticos. Nun dos lados sitúase unha gran cheminea.
Cronoloxía: Século XVIII. Estilo: Barroco.

Acceso

Estrada AC-862 (Ferrol-Viveiro), saíndo do casco urbano de Ortigueira en dirección Ferrol continuamos esta estrada 5 km ata chegar a San Claudio. Tomamos o desvío á esquerda dirección A Feira ou Igrexa de San Claudio e continuamos 600 m ata o primeiro cruce collendo á dereita dirección Igrexa Parroquial. Pasamos por diante dela e seguimos na estrada uns 400 m ata as inmediacións do pazo.
Arriba
Axúdanos a mellorar!