IGREXA PARROQUIAL DE SAN MIGUEL DA RIGUEIRA

Relixioso
693

Localización

Parroquia: A Rigueira (San Miguel)

Lugar: A Ponte do Carro

27879  Xove - Lugo

Coordenadas:
43º 39' 08.9" N - 7º 29' 59.3" W

Descrición

Igrexa cuxa primeira reforma rexistrada data do ano 1616. Consta de nave cuberta a dúas augas pousada sobre catro arcos torais que descansan sobre pilastras, con bóveda de canón con lunetos. O cruceiro está máis elevado có resto, con cúpula sobre catro arcos torais. As capelas dos brazos, con bóveda de canón e lunetos. A fronte ten porta alintelada e principio de torre concluída en espadana. Destaca un retablo maior barroco, de dous corpos, con imaxes dos séculos XVII e XVIII. Aínda que o patrón é san Miguel, o 13 de xuño celébrase neste templo a romaría do santo Antón, unha das máis importante da Mariña.

Acceso

Dende o centro de Xove (Av. da Deputación), tomamos a estrada LU-P-2604, a igrexa atópase a 5,4 Km. na marxe dereita da estrada.
Arriba
Axúdanos a mellorar!