PETO DE ÁNIMAS DE SAN ANTÓN

Etnográfico
585

Localización

Parroquia: Leirado (San Salvador)

Lugar: San Roque

36457  Salvaterra de Miño - Pontevedra

Coordenadas:
42º 07' 47.9" N - 8º 27' 37.9" W

Descrición

Sitúase na cara principal da Capela de San Roque. É un peto de ánimas de tipo aberto realizado en azulexo policromado. Ten na súa parte inferior unha especie de pousadoiro ou mesa de pedra. O retablo do referido peto áchase conformado por nove azulexos en filas de tres. Nel aparece en azul a imaxe de Santo Antón levando o Neno Xesús no seu colo. Sitúase entre nubes e por enriba de dúas palmas.
Arriba
Axúdanos a mellorar!