CASA GAYOSO

Civil
2
No Camiño de Santiago

Localización

Praza das Damas 1

32005  Ourense - Ourense

Coordenadas:
42º 20' 09.9" N - 7º 51' 48.1" W

Descrición

Na praza das Damas (lugar que puido ocupar o nunca rematado claustro gótico da Catedral) e que na documentación medieval aparece como Patio das Laranxas, está a renacentista casa dos Gayoso polo escudo da fachada. O edificio está reconvertido en sede da Confederación de Empresarios de Ourense. Inda se pode visitar o patio interior con catro columnas de pedra e chan decorado con cantos rodados. A restauración moderna do edificio foi obra do arquitecto Fernando Martínez Lamas en 1998.

Acceso

Na zona monumental da cidade.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!