PRAZA DE ABASTOS

Civil
862
No Camiño de Santiago

Localización

Praza de Abastos 1

32003  Ourense - Ourense

Coordenadas:
42º 20' 06.6" N - 7º 51' 58.8" W

Descrición

Antigamente o mercado realizábase en diferentes lugares, centrados na Praza Maior. Durante o XIX xa se plantexa a idea de ter un recinto estable para praza de abastos. Este proxecto non se concreta ata 1929 co deseño de Conde Fidalgo, aínda que probablemente  participaron máis arquitectos. Un edificio clasicista que semella unha igrexa  de planta basilical desenvolvido en dúas plantas de cantería nas que os ocos da planta superior están mais traballados con arcadas e molduras, mentres as da planta baixa son máis rectilíneas. Estas plantas aséntanse noutra de semisoto. Na fachada principal, cara o norte, prima a subida a planta alta. Nos anos 70 sufriu unha importante remodelación.

Acceso

Preto da zona monumental e das Burgas.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!