CASA DE RAIRIZ

Civil
447

Localización

Parroquia: Rairiz de Veiga (San Xoán)

Lugar: Rairiz de Veiga

Estrada Celanova

32652  Rairiz de Veiga - Ourense

Coordenadas:
42º 04' 57.6" N - 7º 49' 56.5" W

Descrición

Edificio de dúas alturas, planta rectangular e cuberta a catro augas que se ubica nun lugar central da aldea de Rairiz. Os seus muros aparecen levantados en perpiaño granítico de óptima calidade perfectamente labrado e escuadrado. O acceso á vivenda realízase por medio dunha escaleira exterior que desemboca nunha solaina que ocupa a fachada menor da vivenda. Entre todos os seus elementos destaca o monumental portalón de acceso, coroado cunha cruz latina sen figuración. A vivenda íllase do rueiro po rmedio dun elevado muro de 3 m de altura constituído en opus vittatum e decorado con ameas de cantería de grande lucimento.

Acceso

A casa atópase no núcleo municipal.
Arriba
Axúdanos a mellorar!