CASA GALÓN

Civil
424

Localización

Parroquia: Ordes (Santa María)

Lugar: Peaguda

32652  Rairiz de Veiga - Ourense

Coordenadas:
42º 03' 38.9" N - 7º 51' 54.3" W

Descrición

Vivenda unifamiliar brasonada de grandes dimensións e planta cadrada que presenta un total de dúas alturas e cuberta a catro augas. As súas catro fachadas presentan pequenas xanelas equidistantes situadas no andar residencial, reservando para a planta terrea pequenas xanelas verticais que ofrecen ventilación e luz natural á adega e a corte.
A vivenda dispón dunha vistosa solaina á que se accede por medio dunha escaleira exterior dun único tramo realizada, ao igual que o resto da edificación, en perpiaño granítico de boa calidade (opus vittatum). Entre os elementos que constitúen a súa fachada principal destaca o balcón voado sustentado sobre canzorros en forma de modillón de rolos que se pretende situar no eixo da composición.
Arredor do patio lousado de pequenas dimensións que se dispón xusto no contorno da casa, dispóñense un canastro mixto de tres claros, unha palleira e unha capela reconvertida en alpendre situada no outro lado da estrada.

Acceso

Dende o núcleo municipal hai que coller a estrada que vai a Ponteliñares, pasando por A Saínza. A 6 km. atópase dita casa.
Arriba
Axúdanos a mellorar!