CASA DO MÉDICO

Civil
263

Localización

Parroquia: Sabariz (San Pedro)

Lugar: A Pereira

32652  Rairiz de Veiga - Ourense

Coordenadas:
42º 13' 02.8" N - 8º 03' 01.6" W

Descrición

A planta da casa presenta unha distribución en L dando o corpo principal á praza e rúa adxacente polo leste; no que respecta á altura, en xeral as dúas da edificación equivalen ben a tres das construcións tradicionais contiguas. Conta así mesmo cun corpo que sobresae unha altura máis que o resto do edificio na súa parte posterior onde tamén parece que pode atoparse unha propiedade pertencente aos mesmos donos e de certa dimensión.

Acceso

Esta casa dista do núcleo do concello, 4 km., collendo a estrada a Celanova, ata o cruce e seguir de fronte ata Sabariz.
Arriba
Axúdanos a mellorar!