PETO DE ÁNIMAS DE SAN ROQUE

Etnográfico
569

Localización

Parroquia: Leirado (San Salvador)

Lugar: San Roque

36457  Salvaterra de Miño - Pontevedra

Coordenadas:
42º 07' 47.9" N - 8º 27' 37.9" W

Descrición

Sitúase na cara principal da Capela de San Roque. É un peto de ánimas de tipo aberto realizado en azulexo policromado. Ten na súa parte inferior unha especie de pousadoiro ou mesa de pedra co caixón das esmolas por riba. O retablo do referido peto áchase conformado por nove azulexos en filas de tres. Preside o conxunto a imaxe de San Roque que mostra a ferida da súa perna esquerda, estando acompañado dun can que leva na súa boca unha barra de pan.
Arriba
Axúdanos a mellorar!