CAPELA DE SAN MARCOS

Relixioso
5
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Amoeiro (Santa María)

Rúa Vigo 72

32170  Amoeiro - Ourense

Coordenadas:
42º 24' 05.1" N - 7º 57' 40.1" W

Descrición

É unha igrexa construída en perpiaño labrado, de planta rectangular e cuberta a dúas augas.Posiblemente sexa do S. XVIII ou XIX, se ben foi reformada a comezos do S.XX. A súa fachada presenta un piñón cóncavo decorado cunha cornixa que está coroado por unha espadana de pequenas dimensión con respecto ao resto da edificación que alberga unha pequena campá. A espadana está rematada por dous pináculos de forma piramidal e unha cruz latina antefixa. A portada de acceso é ampla e alintelada. No adro, a carón da testeira da capela, posúe un sepulcro antropomorfo escavado na pedra cuxa datación remóntase ao S.X e que pode ser a orixe cronolóxica da capela. En abril de 1936 foi queimada e reconstruída posteriormente por subscrición popular.

Acceso

Desde o Concello, tómase á dereita pola estrada que leva a Parada de Amoeiro OU-0524 (3km). No medio do lugar de Outeiro, á man dereita encóntrase a igrexa, sendo posible estacionar á beira dereita da estrada.

Camiños de Santiago

Vía da Prata

Estilos

Rexionalista
Arriba