IGREXA DE SAN CIBRAO DE ROUZÓS

Relixioso
613
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Rouzós (San Cibrao)

Lugar: Rouzós 50

32171  Amoeiro - Ourense

Coordenadas:
42º 24' 58.6" N - 7º 55' 48.9" W

Descrición

A igrexa foi reconstruída en 1715 sendo o seu párroco D. Francisco de Puga y Villamarín, se ben é máis ca probable a súa existencia xa a finais do S.XII ou comezos do S. XIII como a inmensa maioría das existentes en todo o termo municipal. Todo parece indicar que foi sempre unha presentación laical dos señores da Casa de Redondelle de San Xes, no Concello da Peroxa. Desde 1566 sufriu diversas modificacións, se ben en 1776 o seu párroco, D. Domingo Vales, incorporou novas modificacións. Outro dos seus párrocos máis importantes foi D. Francisco Antonio Losada, que a rexeu desde 1781 e foi señor xurisdicional de San Cibrao de Armental e Bacariza do Cabo, en terras de Valdeorras, e membro da xa indicada Casa de Redondelle, a quen pertencían os dereitos desta igrexa parroquial.
A súa estrutura parte dunha nave principal que sufriu sucesivas ampliacións cara o leste, engadindo así dúas capelas nos laterais que forman un pequeno transepto, e un espazo dedicado ao presbiterio a modo de testeira.

Acceso

Desde o Concello, tómase á esquerda a estrada que leva a Tamallancos durante uns 2 km, onde un indicador á dereita nos leva directamente a igrexa de Rouzós, que se encontra a unhas poucas ducias de metros. Pódese estacionar o vehículo carón da igrexa.

Camiños de Santiago

Vía da Prata

Estilos

Románico
Barroco
Arriba