IGREXA SAN PEDRO

Relixioso
244
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Pedro de Benquerencia (San Pedro)

27792  Barreiros - Lugo

Descrición

No seu interior, destaca o cruceiro, que se cubre con bóveda nervada gótica de catro nervios e é aquí onde sobresaen as pinturas dos catro evanxelistas, as que analizamos brevemente: 
- Os catro evanxelistas presentan características similares, a posición, o tratamento, os símbolos. o colorido e o paisaxe son practicamente idénticos. 
- Outra nota importante é a forma que o pintor usa para simbolizar a cada evanxelista. É curioso, ademáis do pequeno tamaño dos símbolos, o león coroado e a cabeza cortada que se toma como caracterizadora de S. Mateo e que puidese facer relación á súa morte no martirio.

Acceso

Percorreranse 4.2 km pola nacional 634, ata desviarse a man esquerda pola estrada que baixa ó cámping de Benquerencia. Despois de recorrer uns 2 km. xiraremos na terceira pista á esquerda ata chegar á igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte

Estilos

Gótico
Arriba
Axúdanos a mellorar!