PETO DE ÁNIMAS DE CACHAMUÍÑA

Etnográfico
1050

Localización

Parroquia: Esgos (Santa María)

Lugar: Cachamuíña

32720  Esgos - Ourense

Descrición

Peto de tipo pechado. Construción de tellado liso, de liñas verticais, sen apenas adornos, que se reducen a liñas horizontais na mesa e no bordo do tellado. Contén dous caixóns pararelos con tapas de ferro. Retablo de pedra policromada na que aparece a Virxe, á dereita, e dous ánimas orantes á esquerda, de pouco relevo, de modo que as figuras parecen gravadas máis que esculpidas. No epígrafe figura o ano da súa construción, 1834.

Acceso

Ao pasar o cemiterio municipal de Esgos, seguir a sinalización cara a aldea de Cachamuíña. Seguir ata o final da aldea e despois do lavadoiro continuar polo camiño. A poucos metros atópase o peto.
Arriba