CAPELA DA VIRXE DE GUADALUPE DO CHAO

Relixioso
659

Localización

Parroquia: Casteligo (San Martiño)

Lugar: O Chao

32786  Chandrexa de Queixa - Ourense

Coordenadas:
42º 16' 45.6" N - 7º 20' 57.3" W

Descrición

Patroa é a Virxe de Guadalupe, celébrase o derradeiro fin de semana de agosto.
A súa construción data aproximadamente do ano 1886, despois de que un veciño da aldea regresara de México e trouxera dende aquelas terras unha imaxe da Virxe de Guadalupe que se asenta sobre o altar maior e que tódolos anos o día da súa patroa sae en procesión seguida de centenares de persoas movidas pola gran devoción que senten pola “Santiña”.
Lenda: contan os veciños que a principios do século XX houbo un gran apagón que cubriu de penumbra durante varios días e varias noites os veciños da aldea, só a capela de Virxe de Guadalupe, e por motivos que se descoñecen se salvou de dito apagon e permaneceu acesa una luz sobre a imaxe da Virxe. 

Acceso

Dende Celeiros capitalidade municipal pola estrada Celeiros-Trives dista 5 km.

Estilos

Neoclásico
Arriba
Axúdanos a mellorar!