IGREXA DE SAN PEDRO DE CHANDREXA

Relixioso
460

Localización

Parroquia: Chandrexa (San Pedro)

Lugar: Chandrexa de Queixa

32786  Chandrexa de Queixa - Ourense

Coordenadas:
42º 15' 17.5" N - 7º 22' 53.4" W

Descrición

Patrón San Pedro, que se celebra o último fin de semana de xuño.
A fachada consta dunha porta principal cuberta con dobre arco de medio punto asentados nunha única liña de imposta.
O interior está formado por un arco de medio punto que separa a nave central do presbiterio.
A súa construción está relacionada co chamado “priorato de Chandiglia” como centro administrativo-relixioso das propiedades do mosteiro de Montederramo. Nos seus arredores atópanse unhas ruínas que se supón foi un antigo cenobio, con catro ou cinco monxes no que se castigaba aos morosos que non pagaban os tributos e demais reos por delito común.

Acceso

Dende Celeiros (capitalidade municipal) a 1,5 km pola estrada que percorre a circunvalación do encoro.

Estilos

Neoclásico
Arriba