CAPELA DE SAN XOSÉ

Relixioso
486

Localización

Parroquia: Freixido (Sagrado Corazón de Xesús)

Lugar: Freixido de Abaixo

Rúa da Fonte 2

32370  Petín - Ourense

Coordenadas:
42º 21' 57.2" N - 7º 08' 26.4" W

Descrición

Capela construída na primeira metade do século pasado e que foi obxecto o longo dos anos de continuas obras de restauración. Consta dunha única nave ou corpo estrutural, cerramentos en fábrica de pedra tradicional do lugar con revestimento e acabado cromático e cuberta a dúas augas con lousas de xisto como material de cubrición. Destaca a espadana paralela curiosamente envolta sobre o alzado de maior dimensión, baixo a que na fachada disponse a porta de acceso dende o exterior pouco diferenciada.

Acceso

Saímos de Petín pola Antiga Estrada OU-533 dirección A Gudiña, percorremos 1,8 km e collemos o desvío a Freixido de Abaixo (Estrada OU-536). A Capela está a 800 m na marxe dereita da estrada en dirección Ourense.
Arriba
Axúdanos a mellorar!