IGREXA SAN PAIO

Relixioso
600

Localización

Parroquia: Mones (San Miguel)

Lugar: San Paio

32357  Petín - Ourense

Coordenadas:
42º 22' 45.2" N - 7º 05' 26.5" W

Descrición

Arquitectura relixiosa modesta probablemente do século XVIII con fábrica típica da zona enfuscada e pintada. Nave única. Escaleira lateral para acceso a espadana.

Acceso

Dende a Praza Doutor Quiroga de Petín dirixímonos a Paio percorrendo a estrada de Carballal, a uns 200 m ao chegar ao cruce da Carnicería Murias xiramos a esquerda pola Rúa Sobredo II dirección Valencia do Sil ata chegar ao cruce de San Paio en Barxela percorrido duns 3 km. Collemos a estrada a San Paio percorremos uns 2.6 km ata chegar a Rúa da Fonte, ao final da rúa está a Igrexa.
Arriba