CRUCEIRO DE SANTO ANDRÉ

Etnográfico
342

Localización

Parroquia: Uma (Santo André)

Lugar: O Casal

36459  Salvaterra de Miño - Pontevedra

Coordenadas:
42º 10' 10.9" N - 8º 24' 52.0" W

Descrición

Situado no camiño a Igrexa parroquial, preto da mesma nunha encrucillada. Ten dous chanzos de pedra que sirve de apoio a unha base cúbica. O varal é acanalado volvendose cilíndrico na última parte. Ten un chapitel con cabeciñas de anxos no centro e espirais e follas nas esquinas dos catro lados. O conxunto vese coroado cunha cruz que amosa, na cara orientada á Igrexa, a Cristo cun pequeno anxo no seu lado dereito que recolle o seu sangue e na outra cara aparece unha Virxe en actitude orante. Posúe tamén un pequeno altar.
Arriba
Axúdanos a mellorar!