PETO DAS ÁNIMAS DE TRASAR DE CARBALLO

Etnográfico
529

Localización

Parroquia: Cartelos (Santo Estevo)

Lugar: Trasar de Carballo

27527  Carballedo - Lugo

Coordenadas:
42º 33' 34.0" N - 7º 50' 39.9" W

Descrición

Peto que presenta un fornelo rectangular e arqueado. O retablo está tallado en pedra sen policromía e representa as ánimas no purgatorio. O tellado presenta unha cúpula coroada por unha cruz e ámbolos lados da cúpula dous pináculos coroados por sendas bolas. Pertence ao s. XVII.

Acceso

Partindo de Castro, da oficina de información turística, tomamos a LU-P1001 e a 2 km. e a Barrela. Tomamos a LU-P901 (A Barrela - Cea), a 800 m. xiramos lixeiramente á dereita pola LU-P1002. A 3,8 km. tomamos a estrada da esquerda LU-P1005 e a 100 m. á esquerda, entramos no núcleo do pobo e atopamos o recurso.
Arriba
Axúdanos a mellorar!