PETO DAS ÁNIMAS DE VILAR DE MULLERES

Etnográfico
4

Localización

Parroquia: Lobelle (San Cristovo)

Lugar: Vilar de Mulleres

27527  Carballedo - Lugo

Coordenadas:
42º 32' 34.0" N - 7º 49' 46.3" W

Descrición

Peto con fornelo rectangular e arqueado. O tellado é plano e remata nunha cruz oitavada, e a ambos lados da mesma, uns pináculos coroados por bolas. O retablo gravado na pedra presenta as ánimas entre as lapas do purgatorio e unha das ánimas máis pequenas, parece representar un neno, o cal é rechamante, dado que os nenos pola súa inocencia non van ao purgatorio.

Acceso

Dende a oficina de turismo en Castro, tomamos a LU-P 1001 ata A Barrela. Alí collemos a LU-P 901 (A Barrela - Cea). A 1,5 km. xiramos á dereita, e a 400 m. no medio do pobo atopamos o recurso.
Arriba