CRUCEIRO DE PIÑEIRO

Etnográfico
388
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Boqueixón (San Vicente)

Lugar: Piñeiro de Abaixo

15882  Boqueixón - A Coruña

Descrición

Cruceiro sobre catro gradas de sección octogonal con mamperían e base prismática, con molduras escalonadas en inicio e final, que aloxa un fuste de sección cadrada en inicio, sendo octogonal o resto. Capitel corintio con querubíns sobre o que se apoia unha cruz de sección circular con sendas imaxes de Cristo crucificado e a Virxe Dolorosa.

Acceso

Dende a estrada AC-960 dende o lugar de O Forte cóllese a estrada que leva ata Piñeiro de Arriba. Cóllese logo unha estrada á dereita que leva ata Piñeiro de Abaixo e o cruceiro sitúase no Campo da Festa.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!