MUÍÑO DE MATELO 1

Etnográfico
422
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Codeso (Santaia)

Lugar: O Outeiro

15882  Boqueixón - A Coruña

Coordenadas:
42º 47' 49.7" N - 8º 24' 12.7" W

Descrición

Muíño restaurado en bo estado de conservación. Sitúase nos arredores do río Pontillón e forman parte dunha fermosa ruta coñecida como a “Ruta do Río Grande”. Construción a partir de muros de cachotería , agás os marcos de portas e xanelas, que son de cantería. Cuberta a dúas augas con remate de tella camba.

Acceso

Dende a estrada AC-960 no lugar do empalme de Vilar, cóllese a AC-240 dirección Codeso e no lugar de Outeiro, cóllese un ramal á esquerda que leva á capela de San Roque e á fervenza do río Pontillón. O muíño sitúase no camiño de baixada cara a fervenza.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata
Arriba